Sunday 08 de September de 2024

O Coro da Casa de Galicia en N.Y. e as Cantareiras das Amas de Casa actuarán no auditorio o día 25 de xullo


Hoxe presentouse unha cita moi especial para Ribeira, o concerto do “Día Nacional de Galicia” que terá lugar o vindeiro 25 de xullo no auditorio municipal ás 21:00 h., especial pola a irmandade, e o encontro das dúas veiras do atlántico entre a Casa de Galicia en N.Y. e as Amas de Casa de Ribeira nun día tan especial.
Na presentación acudiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte e a presidenta das Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores.
O concerto vai a ser de balde e a entrada por orde de chegada, a apertura das portas será con media hora de antelación.
A edil de Cultura invitou a toda a veciñanza e manifestou que o concerto argallouse por una proposta veciñal e que mellor que enmarcalo no Día Nacional de Galicia nun acto de “irmandade e de encontro”. Tamén sinalou que é un orgullo que as “Cantareiras das Amas de Casa” actuen por primeira vez no novo auditorio e engadiu “dende o goberno temos como prioridade satisfacer as peticións de todas as entidades culturais locais en prol de mostrar á veciñanza o rico tecido cultural que ten Ribeira”.
Por oura banda, Puri Cores indicou que este acto lle toca de cheo, xa que viviu en Nova York uns anos e tamén puxo en valor o grupo “Cantareiras das Amas de Casa” que un grupo que comenzou a súa dilatada traxectoria con Magdalena Bringas. Cores fixo un chamento á veciñaza “que aínda que o 24 de xullo remata a Dorna e que o concerto será ás nove a noite. Sinalou que “é un acto cultural, moi propicio para o día que se celebra e que mellor que celebralo asistindo a este concerto de irmandade”.
Puri Cores agradeceu á Concellería de Cultura e ao Concello de Ribeira o apoio e amosou a súa disposicón de colaboración en vindei